16 abr. 2012

15 bolos!


Os grupos do Local de Música xa teñen demostrado con creces que están preparados dabondo para petar os 15 bolos! A Concellería de Cultura e Festas quere contar convosco para completar a programación do verán na rúa, con tres propostas para tocar, e tedes ata este domingo 22 para presentarvos.

De que vai?


Concertos tributo

Entrebandas Showcase

Rock nas festas da Peregrina

2 grupos telonearán dous grandes concertos no festival de bandas tributo de clásicos do rock. Éxito anunciado, éxito asegurado.
12 grupos mostrarán o seu traballo nas prazas do Teucro e da Verdura.Que mellor escenario para chegar á xente as prazas de Pontevedra no verán?
1 grupo teloneará un concerto de dous grupos históricos do Heavy Metal que encherán a praza do Concello.

Que se ofrece aos grupos?


Público

O Rock na Peregrina e os Concertos Tributo estarán a rebentar, garantido! Ademáis, as prazas do Showcase son as máis concurridas no verán.

Formación e Coaching musical.

Aprenderedes a organizar eventos como parte do curso de formación de eventos musicais.
Pronto saberedes máis!

Produción

Nada de pipear, carrexar nin montar. Facémolo por vós. Vós preocupádevos só do voso instrumento e de tocar.

Publicidade

Saberán de vós, seguro!
Inserción nos programas oficiais e campañas promocionais.
Porén, non poderá ofrecerse contraprestación económica.

E que se nos pide?


  1. Usar a lingua galega: Dirixirvos ao público en galego e que algúns dos vosos temas estean en galego.
  1. Participar nas accións de coordinación e preparación das actuacións co Local de Música.
  1. Facer ben o voso traballo e con profesionalidade, nunha palabra: Tocar.

OK, como me apunto?

Escribe un correo co asunto 15 BOLOS + o nome do teu grupo para localdemusica@gmail.com
Copia e pega no correo este modelo e cúbreo:

Nome da persoa de contacto:
Teléfono:
Correo electrónico:
Estilo:
Biografía do grupo:
Espazos web (onde ver a biografía do grupo e escoitar os seus temas):
Declaro que:
  1. Morro de ganas por tocar en Pontevedra.
  2. Alomenos un dos membros está empadroado no Concello de Pontevedra.
  3. Quero participar como usuario e como grupo nas actividades do Local de Música, e ser informado das súas actividades.
  4. Consinto que se empreguen os meus datos persoais cas finalidades descritas.
Envíao antes do domingo 22 de abril.

E como se escollen os grupos?

Os grupos escolleraos un xurado cuxa participación é aberta. Os requisitos para formar parte del e presentarvos detallarémolosvos nos vindeiros días. Este xurado estará presente nas audicións que se celebrarán entre os días 1 e 13 de maio.

Terase en conta


  1. A calidade técnica e musical.
  1. A profesionalidade e consistencia do proxecto musical.
  1. A traxectoria e accións de promoción do grupo.
  1. O estilo (hai cabida para todos, pero cada un terá o seu escenario).
  1. A participación do grupo nas actividades do Local de Música.

Requisitos para participar


  1. Que alomenos algún compoñente do grupo estea empadroado no Concello de Pontevedra.
  1. Ser maior de 16 anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario