10 feb. 2012

LOCAL DE MÚSICA FEST 03:03:12




O LOCAL DE MÚSICA FEST nace co obxectivo de visibilizar na comunidade os resultados e avances da aposta pola creación musical de base que o Concello de Pontevedra pretende desde o proxecto do Local de Música.


1º ENCONTRO DE LOCAIS DE ENSAIO MUNICIPAIS
Máis alá de dotar á cidade dun equipamento adaptado para a práctica musical, o Local de Música pretende liderar un movemento de apoio ás estruturas municipais que facilitan, promoven e apoian a esta creación cultural de base.

Ese liderazgo vaise forxando ano a ano e así o demostran as visitas institucionais doutros concellos que, interesándose polo modelo de xestión e dinamización, achéganse a Pontevedra para preguntar, indagar e buscar solucións para os seus proxectos.

Parecíanos, pois, relevante, aportar un espazo de reflexión e encontro, actualmente inexistente, onde diferentes axentes, profesionais e representantes políticos, poideran xuntarse e compartir solucións para o fortalecemento deste tipo de proxectos.

1º CONCURSO DO LOCAL DE MÚSICA
Por outra banda, para facer visibles aos protagonistas deste proxecto, pensouse nunha idea sinxela e que aportara valor real aos proxectos musicais destes mozos e mozas. Este concurso pretende mostrar nun espazo central da Cidade coma o Teatro Principal, novas e diversas propostas musicais, cun premio para o grupo gañador en especie: facer un vídeo-clip, onde o público asistente será o gran xurado.

Este festival é un exercicio de integración e colaboración, onde se pretende que participen e estean representadas moitas partes interesadas da comunidade para achegar posturas, escoitar propostas desde unha actitude de “portas abertas” e en definitiva, reivindicar o valor da creatividade e do esforzo da mocidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario