13 feb. 2012

1º ENCONTRO DE LOCAIS DE ENSAIO MUNICIPAIS


1º ENCONTRO DE LOCAIS DE ENSAIO MUNICIPAIS

Dentro da programacion do FEST do 3 de Marzo teremos pola mañá este 1º Encontro de locais de ensaio municipais.

Obxectivo: Desenvolver un encontro entre técnicos, persoal político, e axentes da industria cultural para analizar as posibilidades e valor que pode aportar un equipamento municipal destas características.
Enfoque metodolóxico: a xornada proponse como unha reflexión guiada, orientada á construción grupal de posibles solucións e utilidades para as realidades de cada local de ensaio.
Participantes: grupo reducido, 25 persoas.


Programa
Local de música_
11:30_ Inauguración da xornada. Demetrio Gómez Xunqueira. Concelleiro de Xuventude de Pontevedra.
12:00_ Ponencia: O local de Música de Pontevedra, un novo modelo de centro sociocultural. Diego Parajó Naveira. Director do Local de Música e xerente de Xeneme Proxectos Sociais.
13:00_Debate: Que papel que debería xogar un local de ensaio municipal en relación á comunidade local e á industria cultural?.
14:00_xantar
16:00_Grupo de traballo: Análise de situación e problemas dos locais de ensaio municipais.
17:00_Conclusións: mapa de accións.
17:30_fin da xornada.

Ate 28 febreiro. Solicitude de inscrición e criterios de selección na web do local localdemusica.blogspot.com. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario