31 ene. 2013

Trasladámonos (de dominio)


FEST! o certame de bandas do Local




FEST! o certame de bandas do Local

O Local de Música, pertencente ao Departamento de Xuventude do Concello de Pontevedra organiza o concurso para promover a escena musical emerxente. Busca poñer en valor a creación musical de base organizando un evento nun espazo emblemático da cidade como é o Teatro Principal.

19 ene. 2013

Escola de batukada no Local

Escola de batukada realizada por Omar, Asociación Galega de Percutas. 

Actividade financiada por "Youth in actión", con certificado europeo Youthpass.









5 dic. 2012

Master class de COMBO


Rock, blues, jazz, funk... e para todos os niveis!!!

Será impartida por

  • Virxilo da Silva na guitarra
  • Jose Maunuel Díaz no baixo
  • Jesús Pazos na batería

O sabado día 22 de decembro as 16h, a inscrición é gratuita (aforo limitado)

Traede os vosos instrumentos por se queredes compartir e traballar en combo



Algunha mostra dos seus traballos






INSCRICIÓN




27 nov. 2012

Local Project - Blues

Durante as sesións de combo do Local Project vimos, entre outras, a forma de blues.
O blues é unha forma especial. Naceu nos EE.UU. no século XIX, interpretada polos escravos afroamericanos a partir das súas raíces musicais. Foi unha forma musical que rompeu os moldes da música clásica e da súa harmonía e desenvolvemento melódico, e marcou o camiño da música moderna e popular do século XX.
A continuación imos ver como construimos un tema de blues. Imos empregar para este exemplo un blues en La, ou o que é o mesmo, en “A”.
Como sabedes, os elementos que compoñen a música son instrumentación, melodía, estrutura, harmonía e ritmo. Neste artigo imos tratar só 3: a melodía, a harmonía e a estrutura.

23 nov. 2012

NOVA WEB


Si! estamos facendo unha nova web, coa mesma información deste blog pero con moitas máis utilidades e funcionalidades. Agora mesmo mestamos a mudar e transferir datos. Esperamos tela OK para decembro. 
Veña, a palear 1 e 0!

23 oct. 2012

LP thelocalproject'12

Por segundo ano consecutivo, esta é a proposta do Local de Música para a formación interna. O obxectivo é respostar ás principais necesidades e intereses de formación dos grupos do Local en función dos diferentes perfis que actualmente conviven no local.

Non aborda contidos académicos musicáis.

Formación presencial, os sábados.

Duración 20h.

Diploma acreditativo.

Prazas limitadas.

Gratuito.


Inscrición preme AQUI.

Data límite: 31 de outubro ou fin de prazas


7 jun. 2012

Inscricións ao Curso de Produción e Organización de Eventos Musicais

INSCRICIÓNS: POR ORDE DE CHEGADA A PARTIR DO 7 DE XUÑO


Este curso ten como obxetivo amosar todos os aspectos relevantes a ter en conta á hora de producir espectáculos musicais. 

Presencial con clases teoricas e prácticas.